Curriculum
Por iniciativa do Concello de Catoira créase a Escola Municipal de
Música en 1988 e, froito dela, aparece a Banda de Música, que dá o seu
primeiro concertó o 6 de xaneiro de 1990. Dito concerto ten lugar ano
tras ano desde aquela data, sendos en dúbida o acontecemento musical
estable máis importante que se produce en Catoira. Son os seus
fundadores Valentín Rey e Xosé Carlos Seráns, este último director da
escola e da banda.
A escola municipal de música, de titularidade pública, está inscrita no
rexistro de Escolas de Música Municipais da Xunta de Galicia. Nace
como un proxecto educativo para servir de complemento á educación
dos mozos catoirenses.
A súa educación musical de música baséase en clases individuais de instrumento, clases colectivas, audicións, grupos de
cámara, ensaios por grupos instrumentais e ensaios xerais, que máis tarde se leva á práctica con concertos dentro e fóra do
concello.
A Escola conta na actualidade con preto de 100 alumnos e, froito deste traballo, moitos dos seus Mestres proceden da
propia escola.
As ensinanzas musicais que reciben son: linguaxe musical, música activa, coro, harmonía e música de cámara. E na
especialidade instrumental: frauta, oboe, clarinete, saxofón, trompeta-fliscorno, trompa, trombón-bombardino, tuba, percusión e
piano.
A Banda de Musica de Catoira actúa como invitada na XV Semana Musical de Noia e no 3º Festival de Música Sacra de
Boiro, acompañando á “Coral Polifónica de Noia” e á de “Baldomar de Boiro”, tamén colabora ca Coral “Raíces” de Catoira.
Tamén realiza numerosos concertos didácticos: Instituto Bouza Brey (Vilagarcia de Arousa), Instituto de FP (Marín),
Universidade de Santiago de Compostela, Igrexa de San Martiño (Noia), CPI Progreso de Catoira, Universidade da Coruña,
CSC das Fontiñas (Santiago de Compostela) etc..
É seleccionada para o 1º e 2º Certame Galego de Bandas Populares de Música convocado pola Consellería de Cultura da
Xunta de Galicia e gravado pola TVG. Participa tamén na programación da “Galicia nos sentidos”, patrocinada pola Xunta de
Galicia.
A Banda de Música de Catoira actuou en numerosos puntos da xeografía galega, tanto en festas populares coma
realizando intercambios de carácter cultural, e incluso fóra das nosas fronteiras como é o caso de MonÇao (Portugal), onde
participa no II Festival Ibérico de Bandas de Música; en Frederikssund (Dinamarca), no cal realizou un importante intercambio
cultural, e na embaixada de España en Dinamarca na fermosa cidade de Copenhague.
Realiza varias gravacións para programas da TVG. No ano 2001 queda finalista no Día da Música Xove, Xuventude 2001,
na localidade de Sada (A Coruña), patrocinado pola Xunta de Galicia.
Acada o 3º Premio no II Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial de Pontevedra no ano 2002.
No ano 2003 consegue o 1º Premio e Mención de Honra no III Certame Provincial de Bandas de Música Deputación
Provincial de Pontevedra. Tamén no ano 2004 gaña o 1º Premio na Sección Primeira do IV Certame Provincial de Bandas de
Música Deputación de Pontevedra.
En outubro de 2006 acadou o 1º Premio da Sección Primeira do VI Certame Provincial de Bandas de Música da
Deputación de Pontevedra.
Dende xullo do 2005 a Banda de Música de Catoira está dirixida polo mestre Carlos Figueira Abuin.
Carlos Figueira Abuin naceu en Asados (Rianxo) e inicia os seus estudos musicais ós 9 anos, pasando a
formar parte da Banda de Música Municipal de Rianxo como bombardino.
Máis tarde desenvolve a técnica e a interpretación musical obtendo o título de profesor de bombardino con
Xosé Carlos Seráns Olveira, tuba solista da Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela e do
Grupo de Metais de Galicia.
Estuda trombón con Xosé Casal Sueiro, trombón solista da Banda de Música Municipal da Coruña e do Grupo de Metais de
Galicia, profesor co que termina o título de profesor superior de trombón e bombardino coas máis altas calificacións.
Asiste a numerosos cursos de perfeccionamento instrumental con mestres da talla de Enrique Ferrando, trombón solista da
ONE (1994, 1995, 2000), Ricardo Casero, trombón solista da OCB (1997, 2000), Indalecio Bonet, trombón da ONE e do Grupo
de Metais Luur-Metalls (1998), Miguel Navarro, tuba solista da ONE (1997), Enrique Crespo, trombón solista do Grupo de
Metais German Brass (1998), Michel Becquet, solista de trombón e profesor do Conservatorio de París (1999, 2000), Joel
Vaise, trombón solista da Orquestra Nacional de Francia (2002, 2003).
En xaneiro de 1997 pasa a formar parte da Xove Orquestra Sinfónica de Galicia como trombón solista e da Orquestra de
Prácticas Orquestrais da Sinfónica de Galicia.
No curso 1997 empeza a formar parte da Big Band de Estudio Escola de Música (SEM, Big Band de Santiago) onde segue
actualmente e na que é profesor de trombón desde o curso 1999-2000).
En decembro de 2001 pasa a formar parte mediante oposición da Banda de Música Municipal da Coruña como trombón
solista.
En novembro de 2002 asiste ás clases organizadas pola Orquestra Xove de Prácticas da Sinfónica de Galicia co
trombonista Christian Lindberg. En setembro de 2003 asiste ó “XV International Trombone Camp”, que tivo lugar en Italia e
impartido por Jay Friedman, trombón solista da Orquestra Sinfónica de Chicago, Charles Vernon, trombón baixo da Orquestra
Sinfónica de Chicago e por Jiggs Whigan, solista internacional de Jazz (trombón) e Director da Big Band da BBC de Londres.
Colabora habitualmente coa Orquestra Sinfónica de Galicia, coa Orquestra Cidade de Barcelona e Nacional de Cataluña
baixo a batuta de directores coma James Ross, Michael Gilbert, José Luis Novo, Pablo Sánchez Torrella, Bernabé Sanchís,
Victor Pablo Pérez, Salvador Mass, Darío Sotelo, Jan Cober, Ricardo Frizzio, Paul Bateman, James Jud, etc…
Asiste ó curso de pedagoxía musical impartido por Susa Herrera (1998), organizado pola Federación Galega de Bandas de
Música; no campo da dirección orquestral asiste a cursos con Henrie Adams (1996, 1997), Marcel Van Bree (1997), Bernardo
Adam Ferrero (1997) e James Ross (1997). Desde 1994 a 2001 é director da Banda de Música de Rianxo e membro fundador
do Grupo de Cámara “Due Tempi”, xunto co saxofonista Diego García Morales e a pianista Paula Gago Otero. É profesor de
trombón e bombardino nas escolas de música de Rianxo e Catoira.
En xuño de 2006 forma parte da Orquestra de Jazz do 1º Festival Internacional de Jazz Imaxina Sons que tivo lugar en
Vigo.
Na actualidade é profesor superior nas especialidades de trombón e bombardino, trombón solista da Banda de Música
Municipal da Coruña, membro do Grupo de Metais de Galicia, do Grupo de Trombóns da OJSG, do Grupo de Cámara “Due
Tempi”, do Grupo “Ten Jazz Men” e director da Banda de Música de Catoira.
Curriculum da Banda de Música de Catoira
Curriculum do Director: Carlos Figueira Abuín
Banda de Música
de CATOIRA
BANDA DE MUSICA DE CATOIRA
As Lombas 1, 36612 - Catoira